EXPERIENCIA AVIONETA
En que consiste???
O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte, dentro das campañas de dinamización comercial que organiza este ano, propón unha experiencia inesquecible para os seus clientes, realizar un voo en avioneta desde o aeródromo de Lugo ata Monforte de Lemos.
Vive unha experiencia inigualable! Este avión lixeiro fará que sintas a liberdade dun ave, e darache a posibilidade de admirar as espectaculares paisaxes de Monforte de Lemos e da Ribeira Sacra desde unha perspectiva totalmente única.
QUE TES QUE FACER PARA SER UN DOS ELIXIDOS?
Rexistrar tantos tickets como poidas de compras realizadas en establecementos asociados ao CCU durante o período comprendido entre o 26 de setembro e o 5 de outubro (10 días).
Cada participante na campaña terá a súa «Cesta da Compra» persoal onde se irán sumando os importes de todos os seus tickets rexistrados. As 6 «Cestas da Compra» máis grandes ao finalizar a campaña serán premiadas directamente coa experiencia de voar en avioneta sobre a Ribeira Sacra.
LE ATENTAMENTE AS BASES DA CAMPAÑA ANTES DE PARTICIPAR
Proximamente máis información
EXPERIENCIA AVIONETA