EN QUE CONSISTE?

Dentro das campañas de dinamización comercial deste ano, o Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte propón unha experiencia única: a posibilidade de conducir un Ferrari F430 F1 en estrada aberta.

Imaxinas poñerte ao volante dun Ferrari?

Agora podes facelo realidade. Vive a experiencia de condución real en Monforte de Lemos nun percorrido duns 15 km, acompañado por un piloto profesional.

QUE TES QUE FACER PARA SER UN DOS ELIXIDOS?

Participar é moi sinxelo:

Compra nos establecementos asociados ao CCU, rexistra os teus tickets e acumula importe na túa “Cesta da Compra”. Cantas máis compras fagas e máis tickets rexistres, máis opcións terás de conseguir unha das experiencias.

COMO SE CONSEGUEN AS EXPERIENCIAS?

Nesta edición repártense 8 experiencias de condución, que se poderán conseguir de tres formas:

– As 5 “Cestas da Compra” de maior importe gañan directamente unha experiencia
– Entre o resto de participantes que cumpran os requisitos, sortearanse 2 experiencias

Ademais, haberá unha última oportunidade o sábado 16 de maio, cun sorteo en directo entre os asistentes

IMPORTANTE ANTES DE PARTICIPAR

Antes de empezar, le atentamente as BASES DA CAMPAÑA.

Unha vez lidas, rexistra o teu usuario en: www.experienciasccumonforte.com/rexistro

Cando dispoñas do teu usuario e contrasinal, xa poderás comezar a rexistrar os teus tickets de compra. Lembra revisar nas bases que tickets son válidos e como computan para evitar incidencias.

CARACTERÍSTICAS FERRARI F430 F1

O Ferrari F430 é un deportivo biplaza con motor V8 atmosférico de 4,3 litros, montado en posición central traseira, unha configuración pensada para ofrecer unha condución moi directa, precisa e emocionante. A unidade da campaña corresponde á versión F430 F1, equipada coa coñecida caixa de cambios secuencial de Ferrari.

O seu motor V8 a 90º desenvolve unha potencia máxima de 490 CV a 8.500 rpm e un par máximo de 465 Nm a 5.250 rpm, unhas cifras que explican por que o F430 está considerado un dos Ferrari máis icónicos da súa xeración.

En prestacións, o Ferrari F430 é capaz de acelerar de 0 a 100 km/h en 4,0 segundos e acadar unha velocidade máxima superior aos 315 km/h.

O modelo incorporou importantes avances técnicos respecto ao Ferrari 360, entre eles un motor completamente novo de 4.308 cm³, unha aerodinámica máis traballada e unha posta a punto claramente enfocada ao rendemento.

Nesta edición da campaña, alguns clientes do CCU de Monforte terán a oportunidade de vivir esta máquina en primeira persoa e sentir o que supón poñerse ao volante dun auténtico Ferrari F430 F1.