EN QUE CONSISTE?

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte, dentro das campañas de dinamización comercial que organiza este ano, propón unha experiencia inesquecible para os seus clientes, realizar un voo en avioneta sobrevoando a Ría de Vigo e visitando desde o aire, entre outras zonas, as espectaculares Illas Cíes e Ons.

Vive unha experiencia inigualable! Este avión lixeiro fará que sintas a liberdade dun ave, e darache a posibilidade de admirar espectaculares paisaxes desde unha perspectiva totalmente única.

QUE TES QUE FACER PARA SER UN DOS ELIXIDOS?

Rexistrar tantos tickets como poidas de compras realizadas en establecementos asociados ao CCU durante o período comprendido entre o 26 de setembro e o 5 de outubro (10 días).
 
Cada participante na campaña terá a súa «Cesta da Compra» persoal onde se irán sumando os importes de todos os seus tickets rexistrados. As 6 «Cestas da Compra» máis grandes ao finalizar a campaña serán premiadas directamente coa experiencia de voar en avioneta.

LE ATENTAMENTE AS BASES DA CAMPAÑA ANTES DE PARTICIPAR

Antes de empezar, le moi atentamente as BASES DA CAMPAÑA. Unha vez lidas, rexistra o teu usuario en www.experienciasccumonforte.com/rexistro. (Se xa te rexistraches na «Experiencia Ferrari», podes utilizar o mesmo nome de usuario e contrasinal)
Unha vez obteñas o teu nome de usuario e contrasinal, xa podes empezar a rexistrar os tickets das compras realizadas en establecementos asociados ao CCU (revisa unha vez máis as Bases da Campaña para ver que tickets son válidos e como computan)
Nota.- O desprazamento ata Vigo, e a volta a Monforte, farase nun taxi de 7 prazas cuxo gasto correrá a cargo tamén do CCU de Monforte (ver máis información nas BASES DA CAMPAÑA)