BASES DA CAMPAÑA
1. Só poderán participar nesta campaña persoas de 16 ou máis anos, na data 8 de Outubro de 2022. Os menores de idade só poderán gozar a experiencia con autorización dalgún dos seus pais ou titores legais.
2. Os participantes na campaña deberán rexistrarse na páxina Web: www.experienciasccumonforte.com/rexistro

(Se xa se rexistraron para a «Experiencia Ferrari», poderán usar o mesmo nome de usuario e contrasinal).
3. Os premios son nominativos, non poderán cederse a terceiras persoas. Se a persoa premiada non pode gozar do seu premio segundo as condicións esixidas polo CCU de Monforte pasará a un dos reservas. Se os reservas tampouco puidesen gozar do premio, este quedará deserto.
4. Os propietarios ou empregados de establecementos asociados ao CCU de Monforte, as súas parellas, e os seus ascendentes ou descendentes, non poderán participar na campaña rexistrando tickets dos seus propios establecementos comerciais.
5. Os responsables do CCU de Monforte, resérvanse o dereito de eliminar a calquera dos participantes na campaña se se detecta un rexistro anómalo de tickets que desvirtúen a natureza da campaña (por exemplo, un rexistro inusual de tickets de compras dun determinado establecemento asociado ou a falsificación ou manipulación dos mesmos).
6. O día 5 de Outubro ás 24 horas pecharase o rexistro de tickets de compra. As 6 «Cestas da Compra» máis grandes a esa hora (de maior importe), obterán directamente o premio de Voar co CCU de Monforte se cumpren todos os requisitos esixidos nestas bases.
7. Despois de facer as comprobacións oportunas, entre o 5 e o 7 de Outubro faranse públicos os 6 gañadores oficiais da campaña tanto na páxina Web como nas redes sociais do CCU de Monforte.
8. Os premiados deberán gozar a súa «Experiencia Avioneta» o sábado 8 de Outubro de 2022. Estas experiencias terán lugar en Vigo entre as 11.00h e as 12.30h. O desprazamento dos premiados (ida e volta) farase nun taxi de 7 prazas que correrá a cargo do CCU de Monforte. Os organizadores poñeranse en contacto cos premiados para indicar o horario de saída. Se algún dos premiados non pode gozar do premio na data prevista e no horario que marquen os responsables do CCU de Monforte, perderá o dereito ao premio. A data da experiencia pode verse condicionada polas condicións meteorolóxicas. En tal caso, informarase aos premiados da nova data de celebración.
9. Os premiados quedan obrigados ao cumprimento das presentes bases reguladoras da campaña, así como a ceder os seus dereitos de imaxe durante a entrega de premios e goce da «Experiencia Voo en Avioneta» no Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte.

TICKETS DE COMPRA VÁLIDOS PARA PARTICIPAR
10. Os participantes na campaña só poderán rexistrar tickets de establecementos asociados ao CCU Monforte.
11. Só serán válidos os tickets de compra con data do 26 de Setembro ao 5 de Outubro de 2022.
12. Só serán válidos os tickets de compra cun importe mínimo de 10€. Se se rexistran tickets dun importe menor serán eliminados automaticamente
13. Os tickets de importe superior a 100€ só contabilizarán como 100€ a efectos da campaña (só sumarán 100€ á «Cesta da Compra» de cada participante)*

*Por que se fai isto? Ao ser o CCU de Monforte unha asociación multisectorial con empresas asociadas de todo tipo (xoierías, tendas de electrodomésticos, concesionarios de coches, etc.), trátase de equilibrar as posibilidades dos clientes de todos os establecementos asociados, evitando que tickets/facturas elevadas (por exemplo a compra dun vehículo) desvirtúen a natureza da campaña.
14. Para poder optar a unha das 6 «Experiencias Voo en Avioneta» co CCU, cada participante deberá rexistrar, polo menos, tickets de 3 establecementos diferentes asociados ao CCU de Monforte. De non ser así, non poderá acceder a unha das Experiencias Voo en Avioneta (aínda que a súa «Cesta da Compra» sexa unha das 6 de maior importe total).
15. Garda os tickets orixinais rexistrados, deberás presentalos se es un dos premiados.

Liches atentamente as bases? Pois xa estás preparado para participar nesta campaña! Rexistra o teu usuario en www.experienciasccumonforte.com/rexistro, se aínda non o fixeches, e empeza a rexistrar o maior número de tickets de compra para acumular unha das 9 «Cestas da Compra» de maior importe!